Preguntas Máis Frecuentes

Rexistro e Inicio de Sesión

Por que me teño que rexistrar para todo?
Non estás obrigado a facelo, a decisión tómana os administradores e moderadores. Porén, estar rexistrado dáche moitas vantaxes que como usuario convidado non terías, como ter o teu gráfico personalizado (avatar), mensaxes privadas, enviar correos aos outros usuarios, subscrición a grupos de usuarios etc. Só che levará uns segundos, é moi recomendable.
Arriba
Que é o COPPA?
O COPPA, ou o protocolo Child Online Privacy and Protection (Privacidade e Protección de Rapaces En Liña) de 1998, é unha lei dos Estados Unidos que require que, nos sitios web que potencialmente poidan recoller información de menores de 13 anos, deban dispoñer de consentimento por escrito dos pais ou calquera outro método de recoñecemento por parte do titor legal, permitindo esa recollida de información persoalmente identificable dun menor de 13 anos. Se non estás seguro da aplicación disto na túa persoa no momento de tentar rexistrarte ou da aplicación ao sitio web no que tentas facelo, contacta con algún asesor legal para obter asistencia. Ten en conta que o phpBB Group non pode proporcionar esa asistencia legal nin é un punto de contacto para asuntos legais, agás dos que se bosquexan máis abaixo.
Arriba
Por que non me podo rexistrar?
Pode ser que o xestor do sitio web prohibise o acceso do teu enderezo IP ou non permita o nome de usuario que estás tentando rexistrar. Tamén podería ser que o xestor do web teña desactivada a posibilidade de rexistro para evitar que se axunten novos visitantes. Contacta con algún administrador para obter axuda.
Arriba
Rexistreime pero non podo entrar!
Primeiro verifica os teus datos de usuario e contrasinal. Se todo é correcto hai dúas posíbeis razóns: se o Sistema de Protección Infantil (COPPA) está activado e cando te rexistraches especificaches ser menor de 13 anos, entón terás que seguir as instrucións que se che deron. Algúns sitios requirirán que todos os novos rexistros sexan activados, ben por ti mesmo ou polo administrador antes de que poidas iniciar sesión; esta información amósase durante o proceso de rexistro. Se recibiches un correo segue as instrucións que se che indiquen. Se non recibiches correo ningún entón pode que o enderezo que subministraches sexa incorrecto ou a mensaxe fose rexeitada por algún filtro anti-spam. Se estás certo que o enderezo de correo que deches é válido tenta contactar cun administrador do foro.
Arriba
Por que non podo iniciar sesión?
Hai varias razóns polo que isto pode ocorrer. En primeiro lugar, asegúrate de que o teu nome de usuario e contrasinal son correctos. Se o son, contacta cun administrador para asegurarte de que no se che prohibiu o acceso. Tamén podería ser que o administrador teña cometido un erro de configuración, que precisará solucionar.
Arriba
Hai un tempo rexistreime, pero agora non podo entrar!
Pode ser que algún administrador desactivase ou eliminase a túa conta por algún motivo. Do mesmo xeito, moitos sitios eliminan periodicamente aqueles usuarios que non publicaron mensaxes nun prazo longo de tempo co fin de reducir o tamaño da base de datos. Se foi o caso, tenta rexistrarte de novo e participa máis activamente nas discusións.
Arriba
Perdín o meu contrasinal!
Acouga! Aínda que o teu contrasinal non pode ser recuperado podes reinicialo dun xeito doado. Para facelo diríxete á páxina de rexistro e preme en Esquecín o meu contrasinal. Segue as instrucións e poderás volver iniciar unha sesión en moi pouco tempo.
Arriba
Por que a miña sesión de usuario expira automaticamente?
Se non activas a opción Iniciar sesión automaticamente cando inicias a mesma o sistema manterá a túa sesión por un tempo predeterminado. Isto prevén que a túa conta poda ser usada por alguén máis. Para permanecer coa sesión activa, marca a opción ao entrar. NON é recomendábel se accedes ao foro desde un ordenador compartido, é dicir, dun ciber, biblioteca, sala da universidade, etc. Se non che aparece esta caixa de opción, significa que o administrador desactivou tal posibilidade.
Arriba
Que fai a opción “Eliminar todas as cookies”?
Elimina as cookies creadas por phpBB que te manteñen identificado. Tamén proporciona funcións como control de lecturas, se é que foron activadas. Se estás a ter problemas de inicio ou peche de sesións, ás veces eliminar as cookies pode axudar.
Arriba

Preferencias e Configuración de Usuarios

Como podo mudar a miña configuración?
Se es un usuario rexistrado, toda a túa configuración esta gardada na base de datos. Para modificala, vai ao teu Panel de Control de Usuario; normalmente atoparás unha ligazón directa na parte superior das páxinas dos foros. Este sistema permitirache mudar todas as túas opcións e preferencias.
Arriba
Como evito que apareza o meu nome de usuario nas listas de usuarios conectados?
No teu Panel de Control de Usuario, embaixo de “Preferencias Xeráis”, atoparás a opción Ocultar o teu estado de conexión. Activa esta opción con Si e só aparecerás para os administradores, moderadores e ti mesmo. Contarás coma un usuario oculto.
Arriba
A hora nos foros non é correcta!
É posible que esteas vendo as horas correspondentes a outra zona horaria distinta da túa. Neste caso, vai ao teu Panel de Control de Usuario e muda a túa zona horaria de acordo á túa localización, p.e. Londres, Paris, Nova Iorque, Sidnei, Mondoñedo etc. Ten en conta que o troco de zona horaria, como moitas outras cousas, só pode ser levado a cabo por usuarios rexistrados. Por iso, se non te rexistraches aínda, xa é hora de facelo, dispensando o xogo de palabras.
Arriba
Cambiei a zona horaria pero a hora segue a ser incorrecta!
Se estás seguro de que seleccionaches correctamente a zona horaria e o horario de verán no seu caso, e a hora segue a aparecer de xeito incorrecto, logo é que a hora do reloxo do servidor está equivocada. Notifícallo aos administradores do mesmo para que poidan corrixilo.
Arriba
O meu idioma non está na lista!
O máis habitual é que o administrador non instalara o paquete do teu idioma para o foro ou que ninguén creara unha tradución para a mesma. Proba a pedirlle ao administrador que instale o paquete de lingua que precisas ou, se non existe, síntete libre de facer unha tradución. Podes atopar máis información na web de phpBB®.
Arriba
Que son as imaxes que aparecen ao carón do meu nome de usuario?
Hai dous tipos de imaxes que poden aparecer xunto dun nome de usuario cando se están a ver mensaxes. Un deles pode ser unha imaxe asociada co teu rango, xeralmente en forma de estrelas, bloques ou puntos, indicando a cantidade de mensaxes que publicaches ou o teu status. Outro, normalmente unha imaxe meirande, coñécese por avatar e adoita ser única ou persoal para cada usuario. A dispoñibilidade do uso de avatares decídea o administrador así como a forma na que se poden usar. Se non podes usar avatares é logo por unha decisión do administrador e deberás contactar con el para coñecer as súas razóns.
Arriba
Como podo amosar unha imaxe xunto do meu nome de usuario (avatar)?
No teu Panel de Control de Usuario, baixo “Perfil” podes engadir un avatar usando un dos seguintes métodos: Gravatar, Galería, Remoto ou Subir. Depende dos administradores habilitar os avatares e como facer que estexan dispoñiblesmade available. Se non podes usar un avatar, contacta cun administrador.
Arriba
Que é o meu rango e como podo mudalo?
Os rangos, amosados embaixo do teu nome de usuario, indican a cantidade de mensaxes que publicaches ou identifican certos usuarios coma, p.e. moderadores e administradores. En xeral, non poderás modificar directamente rango ningún xa que son configurados polo administrador. Por favor, non abuses dos foros publicando mensaxes innecesarias só para aumentar o teu rango. A meirande parte dos sisitos non tolerarán tal cousa e o moderador ou administrador sinxelamente reducirán o teu contador de mensaxes.
Arriba
Cando premo sobre a ligazón de correo-e dun usuario pídeme que inicie unha sesión de usuario?
Só os usuarios rexistrados poden enviar correo a outros usuarios a través do formulario integrado, e só se o administrador habilitou esa posibilidade. Isto faise para previr o uso malintencionado do sistema de correo por parte de usuarios anónimos.
Arriba

Publicación de Mensaxes

Como podo publicar unha mensaxe nun foro?
Para publicar un novo tema nun foro, preme no botón correspondente das pantallas do foro ou dos temas. É posible que precises rexistrarte denantes que poidas publicar unha mensaxe. As posibilidades que tes dispoñibles aparecen listadas na parte inferior da pantalla dos foros e temas. Aquelo de: Podes publicar novos temas, Podes votar nas enquisas etc.
Arriba
Como podo editar ou eliminar unha mensaxe?
A menos que sexas o administrador ou moderador só podes borrar ou editar as mensaxes que enviaches ti mesmo. Podes editar unha mensaxe (moitas veces só por un tempo limitado logo de ser publicada) premendo no botón de edición. Se alguén xa respondeu á mensaxe, atoparás un pequeno texto ao pé da corrección indicando o número de veces que foi modificada canda a data e a hora. Isto non aparecerá se non hai aínda respostas ou se foi un moderador ou o administrador quen a editou, aínda que poden deixar unha mensaxe aclaratoria de que alteraron e o porqué, se así o consideraren. Ten en conta que os usuarios normais non poden borrar unha mensaxe unha vez que esta foi respondida.
Arriba
Como podo engadir unha sinatura á miña mensaxe?
Para inserir unha sinatura na túa mensaxe primeiro debes crear unha mediante o teu Panel de Control de Usuario. Unha vez creada, podes activar a opción Engadir sinatura no formulario de redacción de mensaxes para engadila. Tamén podes facer que todas as túas novas mensaxes teñan a túa sinatura por defecto, activando a opción correspondente no teu perfil. Se fas tal cousa, tamén podes evitar que a túa sinatura sexa engadida en determinadas mensaxes desactivando a opción de engadir sinatura no formulario de publicación da mesma.
Arriba
Como podo crear unha enquisa?
Cando inicies un novo tema ou edites a primeira mensaxe dun tema, preme na pestana “Crear unha enquisa” baixo do formulario principal de edición da mensaxe; se non a ves, o máis probable é que non teñas permisos axeitados para crear enquisas. Insire un título e, polo menos, dúas opcións nos campos correspondentes, asegurándote de que cada opción está nunha liña distinta na área de texto. Tamén podes escoller o número de opcións que os usuarios poderán seleccionar durante a votación na sección “Opcións por usuario”, un tempo límite en días para a enquisa (insire 0 se queres que dure indefinidamente) e, por último, a opción para permitir aos usuarios corrixir os seus votos.
Arriba
Por que non podo engadir máis opcións a unha enquisa?
O límite de opcións para unha enquisa determínao o administrador. Se pensas que precisas engadir máis opcións á túa enquisa das que están permitidas, contacta co administrador.
Arriba
Como podo editar ou borrar unha enquisa?
Do mesmo xeito que coas mensaxes, as enquisas só poden ser editadas por quen as publicou, un moderador, ou polo administrador. Para editar unha enquisa preme na primeira mensaxe do tema, a cal terá sempre a enquisa asociada con ela. Se ninguén votou entón os usuarios poden borrar a enquisa ou editar calquera opción da mesma. Porén, se alguén efectuou xa o seu voto só os moderadores ou administradores poderán editala ou borrala. Isto faise para evitar que a xente ensarille as enquisas mudando as súas opcións no medio dun proceso de votación.
Arriba
Por que non podo acceder a algún foro?
Algúns foros están limitados a certos grupos ou usuarios. Para velos, ler, publicar mensaxes, editar etc, pode que precises certas autorizacións, que só che pode dar un moderador ou administrador, polo que deberás contactar con eles.
Arriba
Por que non podo engadir adxuntos?
Os permisos para engadir adxuntos son adxudicados basicamente a foros, grupos ou usuarios. Pode que o administrador non permita engadir adxuntos nun foro concreto, ou ben é posible que só certos grupos teñan permitido a inclusión de adxuntos. Contacta co administrador se non estás seguro de por que non podes engadir adxuntos.
Arriba
Por que recibín unha advertencia?
Cada administrador ten o seu propio conxunto de normas que rexerán no seu sitio. Se contraviñeches algunha delas, pode que recibas unha advertencia. Ten en conta que isto é unha decisión do administrador, polo que o phpBB Group non pode facer ren con respecto ás advertencias recibidas polo sitio en cuestión. Contacta co administrador se non estás seguro do motivo polo que fuches advertido.
Arriba
Como podo facer informes dunha mensaxe para un moderador?
Se o administrador habilitou a opción correspondente, poderás ver un botón para enviar informes de mensaxes a carón da mensaxe da que queres informar. Premendo nel, serás guiado a través dos chanzos precisos para emitir o informe verbo da mensaxe.
Arriba
Para que serve o botón “Gardar” que aparece na publicación de temas?
Isto permitirache gardar borradores que queiras completar e enviar posteriormente. Para recargar un borrador gardado, visita o Panel de Control de Usuario.
Arriba
Por que a miña mensaxe ten que ser aprobada?
Pode ser que o administrador teña decidido que as mensaxes do foro no que estás a tentar publicar requiran unha revisión previa denantes da súa publicación. Tamén podería ser que pertenzas a un grupo de usuarios que precisan control previo das súas mensaxes antes de seren publicadas, e no que fuches ubicado polo administrador. Contacta co mesmo para obter máis información.
Arriba
Como podo reactivar o meu tema?
Premendo na ligazón “Reactivar tema” cando a poidas ver, podes “reactivar” o tema de xeito que aparecerá enriba do foro, na súa primeira páxina. Porén, se non podes ver a ligazón, pode que a reactivación de temas estea desactivada ou que non se chegara aínda ao tempo mínimo entre reactivacións. Tamén é posible reactivar un tema sinxelamente respostando, aínda que deberás asegurarte de cumprir coas regras cando o fagas.
Arriba

Formateo e Tipos de Temas

Que é o código BBCode?
O BBCode é unha linguaxe semellante a HTML, que ofrece un grande control de formato en determinados obxectos dunha mensaxe publicada. A posibilidade de usar BBCode nas mensaxes ven determinada polo administrador. Asemade, podes desactivar BBCCode nunha mensaxe determinada a través do formulario de publicación da mesma. BBCode é moi similar no estilo ao HTML, aínda que as etiquetas van entre corchetes [ e ] en troques de < e >. Para máis información podes ver o manual de BBCode, na ligazón que aparece cada vez que vas publicar unha mensaxe.
Arriba
Podo usar HTML?
Non. Non é posíbel publicar HTML de xeito que sexa interpretado e amosado o seu resultado. A meirande parte dos formatos que se poden obter co HTML poden ser tamén acadados usando BBCode no seu lugar.
Arriba
Que son as emoticonas?
As emoticonas (smilies), son pequenos gráficos que poden usarse para expresar emocións utilizando un pequeno código, por exemplo, :) significa ledo, namentres :( significa triste. A lista completa de emoticonas pode verse no formulario que aparece cando publicas unha mensaxe. Porén, tenta non abusar as emoticonas, xa que poden converter unha mensaxe en ilexible e o moderador pode decidir editala ou borrala completamente. Tamén é posible que o administrador configurase a cantidade máxima de emoticonas que podes utilizar nunha mensaxe.
Arriba
Podo publicar imaxes?
Si, pódense amosar imaxes nas túas mensaxes. Se o administrador habilitou a posibilidade de engadir adxuntos, pode que esteas autorizado a subir a imaxe. Caso contrario, deberás ligar a unha imaxe almacenada nun servidor web accesible publicamente, é dicir, http://www.exemplo.gal/a-minha-imaxe.gif. Non podes ligar a imaxes gardadas no teu propio dispositivo (a menos que sexa un servidor accesible publicamente) nin a imaxes gardadas tras mecanismos de identificación como as caixas de correo de Hotmail ou Yahoo, sitios protexidos por contrasinal etc. Para amosar unha imaxe utiliza a etiqueta [img] de BBCode.
Arriba
Que son os Anuncios Globais?
Os anuncios globáis conteñen información importante e debes lelos sempre que sexa posible. Aparecerán na parte superior de todos os foros e tamén no teu Panel de Control de Usuario. Os permisos para publicar anuncios globáis veñen determinados polo administrador.
Arriba
Que son os anuncios?
Os anuncios adoitan conter información importante para o foro que estás a ver e deberías lelos sempre que che sexa posible. Os anuncios aparecen na parte superior de cada páxina do foro no que foron publicados. Do mesmo xeito que cos anuncios globais, os permisos para publicar anuncios son determinados polo administrador.
Arriba
Que son os temas destacados?
Os temas destacados aparecen debaixo dos anuncios e só na primeira páxina do foro. Adoitan ser importantes de abondo como para lelos sempre que che sexa posible. Do mesmo xeito que cos anuncios e anuncios globáis, os permisos para publicar temas destacados veñen determinados polo administrador.
Arriba
Que son os temas pechados ou bloqueados?
Nos temas pechados ou bloqueados os usuarios xa non poden respostar e asemade calquera enquisa que conteñan será finalizada de xeito automático. Os temas poden ser pechados por varias razóns e pode facelo tanto un moderador coma un administrador. Tamén é posible que poidas pechar os teus propios temas dependendo dos permisos que teñas asignados.
Arriba
Que son as iconas de tema?
As iconas de tema son imaxes escollidas polo autor asociadas coas mensaxes para indicar o seu contido. A posibilidade de usar iconas de tema depende dos permisos concedidos polo administrador.
Arriba

Niveis de Usuario e Grupos

Que son os Administradores?
Os Administradores son membros aos que se lles asignou o máis alto nivel de control sobre o sitio. Estes membros poden controlar todos os aspectos relativos ao funcionamento do mesmo incluíndo concesión de permisos, bloqueo ou prohibición de usuarios, creación de grupos de usuarios ou moderadores etc., dependendo do fundador e dos permisos que concedese aos outros administradores. Asemade teñen capacidade absoluta para actuar como moderadores en calquera dos foros, tamén en función da configuración estabelecida polo fundador.
Arriba
Que son os Moderadores?
Os Moderadores son persoas (ou grupos de persoas) que teñen como tarefa vixiar os foros a diario. Teñen autoridade para editar ou borrar mensaxes publicadas e bloquear, desbloquear, mover, borrar e dividir temas no foro que moderan. Xeralmente os moderadores están presentes para previr que a xente publique mensaxes fóra do tema (off-topic) ou de contido abusivo ou ofensivo.
Arriba
Que son os grupos de usuarios?
A comunidade está dividida en grupos de usuarios como seccións manexables do mesma de xeito que os administradores poden traballar con elas dun xeito máis doado. Cada usuario pode pertencer a varios grupos e a cada grupo pódenselle asignar dereitos de acceso individuáis. Deste xeito facilítaselles aos administradores o troco de permisos a varios usuarios ao mesmo tempo, como no caso de mudar permisos de moderación, ou darlles acceso a un foro privado.
Arriba
Onde están os grupos de usuarios e como podo unirme a un deles?
Podes ver un listado de todos os grupos de usuarios premendo na ligazón “Grupos de usuarios” do teu Panel de Control de Usuario. Se queres unirte a un deles, deberás premer no botón correspondente. Porén, non todos os grupos teñen acceso aberto, e algúns poden requirir aprobación para unirse a eles, outros poden ser restrinxidos e mesmo pode habelos ocultos. Se o grupo é aberto, podes, como xa dixemos, unirte ao mesmo premendo no botón apropiado. Se o grupo precisa aprobación previa á incorporación de usuarios podes solicitar a mesma premendo tamén no botón axeitado. O líder do grupo de usuarios deberá aprobar a túa solicitude e pode ser que che pregunte polas túas razóns para querer incorporarte ao mesmo. Non fustrigues ao líder do grupo no caso de que rexeite a túa petición; terá os seus motivos para facelo.
Arriba
Como podo ser líder dun grupo de usuarios?
Normalmente asígnase un líder de grupo cando este se crea inicialmente. Se estás interesado en crear un grupo de usuarios, o teu primeiro punto de contacto debe ser un dos administradores; proba a enviarlle unha mensaxe privada.
Arriba
Por que algúns dos grupos de usuarios aparecen en distinta cor?
O administrador do taboleiro pode asignar unha cor determinada aos membros dun grupo de usuarios para facilitar a identificación dos mesmos.
Arriba
Que é un “Grupo de usuarios predeterminado”?
Se es membro de máis dun grupo de usuarios, o teu predeterminado será o que se use para definir a cor e rango de grupo que se amosará para ti por defecto. O administrador pode concederche permisos para mudar o teu grupo de usuarios predeterminado a través do teu Panel de Control de Usuario.
Arriba
Que é a ligazón “O equipo”?
Esta páxina ofréceche unha lista do persoal que administra o sitio, incluíndo os administradores e os moderadores.
Arriba

Mensaxería Privada

Non podo enviar mensaxes privadas!
Hai tres posibles razóns: non estás rexistrado ou non iniciaches sesión, o administrador desactivou o sistema de mensaxes privadas en xeral, ou desactivouno para ti individualmente. Contacta con algún administrador para obter máis información.
Arriba
Sigo a recibir mensaxes privadas non desexadas!
Podes bloquear o envío de mensaxes privadas por parte dun usuario concreto utilizando as regras de mensaxes que atoparás no teu Panel de Control de Usuario. Se estás a recibir mensaxes privadas abusivas por parte dun usuario determinado, informa a algún dos administradores; eles teñen a capacidade de evitar que o usuario en cuestión envíe mensaxes privadas.
Arriba
Recibín spam ou correos abusivos procedentes de alguén neste foro!
Sentimos moito ouvir isto. A funcionalidade de envío de correos inclúe procedementos que tentan controlar aos usuarios que efectúan tales envíos, polo que podes contactar co administrador incluíndo unha copia completa do correo que recibiches tal e como viña, incluíndo cabeceiras (moi importante, xa que estas especifican os detalles do usuario remitente da mensaxe). O administrador poderá entón tomar as medidas precisas.
Arriba

Amigos e Inimigos

Que son as miñas listas de Amigos e Inimigos?
Podes utilizar estas listas para organizar aos outros usuarios. Os membros engadidos á túa lista de amigos serán amosados no teu Panel de Control de Usuario para que poidas coñecer de xeito doado se está conectado e para poder enviarlles mensaxes privadas. Dependendo de que o estilo o permita, as mensaxes destes usuarios poden aparecer tamén resaltadas. Se engades un usuario á túa lista de inimigos, calquera mensaxe publicada polo mesmo agocharase por defecto.
Arriba
Como podo engadir ou eliminar usuarios das miñas listas de Amigos ou Inimigos?
Hai dous xeitos de engadir usuarios ás túas listas. No perfil de cada un dos usuarios hai senllas ligazóns para poder engadilos á túa lista de Amigos ou de Inimigos. De xeito alternativo, podes engadir usuarios inserindo o seu nome directamente no teu Panel de Control de Usuario. Podes tamén eliminar usuarios das túas listas utilizando a mesma páxina.
Arriba

Procurando nos Foros

Como podo procurar nun foro ou foros?
Insire un termo de procura na caixa de busca ubicada no índice, foro ou páxinas de temas. Podes acceder á procura avanzada premendo na ligazón “Procura Avanzada” dispoñible en todas as páxinas do foro. O procedemento de acceso á procura pode depender do estilo utilizado.
Arriba
Por que a miña procura non amosa resultados?
Pode que a túa procura fose indefinida de máis e incluíse varios termos comúns que o phpBB3 non indexa. Tenta ser máis específico e utiliza as opcións dispoñibles na procura avanzada.
Arriba
Por que a miña procura amosa unha páxina en branco!?
A túa procura devolveu demasiados resultados e o servidor web non puido xestionalos. Utiliza a “Procura avanzada” e mira de ser máis específico cos termos inseridos e os foros nos que queres procurar.
Arriba
Como podo atopar membros?
Vai á páxina de “Membros” e preme na ligazón “Procurar un membro”.
Arriba
Como podo atopar os meus propios temas e mensaxes publicadas?
Podes acceder ás túas mensaxes ben premendo na ligazón “Procurar mensaxes publicadas por un usuario” no Panel de Control de Usuario ou ben a través da páxina do teu perfil. Para procurar os teus temas, utiliza a páxina de procura avanzada e enche as diversas opcións como sexa preciso.
Arriba

Subscricións e Favoritos

Cal é a diferenza entre marcar como favorito e subscribirse?
Marcar como favorito en phpBB3 é moito máis que facelo no teu navegador web. Este non envia avisos cando hai actualizacións. En phpBB marcar como favorito é máis parecido a unha subscripción. Notificaráseche cando haxa unha actualización no tema ou foro mediante os métodos que prefiras. As opcións de notificación para favoritos e subscricións pódense configurar no Panel de Control de Usuario, baixo “Preferencias Xeráis”.
Arriba
Como podo subscribirme a temas específicos?
Para subscribirte a un tema, preme na ligazión axeitada no menú “Ferramentas do tema”, localizada ao principio e final da páxina do tema.
Respostar nun tema marcando a opción “Notifícame cando alguén resposte” tamén che subscribirá ao tema.
Arriba
Como podo subscribirme a foros específicos?
Para subscribirte a un foro concreto, preme na ligazón “Subscribirse ao foro” logo de entrar no mesmo.
Arriba
Como podo eliminar as miñas subscricións?
Para eliminar as túas subscricións, vai ao teu Panel de Control de Usuario e segue as ligazóns deica as mesmas.
Arriba

Adxuntos

Que adxuntos se permiten?
O administrador pode permitir ou prohibir certos tipos de adxuntos. Se non estás certo dos tipos permitidos para subir, contacta co administrador e solicita axuda.
Arriba
Como podo atopar todos os meus adxuntos?
Para atopar a lista de adxuntos que subiches, vai ao teu Panel de Control de Usuario e segue a ligazón deica a sección de adxuntos.
Arriba

Cuestións sobre phpBB

Quen programou este foro?
Esta aplicación (na súa forma orixinal) é producida, ceibada e con dereitos de autor pertencentes a phpBB Limited. Está feito baixo a Licenza Pública Xeral de GNU, versión 2 (GPL-2.0) e é de distribución ceibe. Podes ir a Sobre phpBB para máis detalles.
Arriba
Por que este foro non ten a funcionalidade X dispoñible?
Este foro foi escrito e licenciado a través do phpBB Group. Se cres que debería incluír algunha nova funcionalidade, ou queres informar sobre un fallo, visita o sitio de phpBB en Area51, onde atoparás máis información ao respecto.
Arriba
Con quen podo contactar sobre abusos e/ou asuntos legais relacionados con este taboleiro?
Calquera dos administradores listados na páxina “O Equipo” pode ser un punto de contacto axeitado para amosarlle as túas queixas. Se aínda así segues sen obter resposta podes contactar co propietario do dominio (fai unha procura whois) ou, se o sitio funciona nun servizo de balde (p.e. Yahoo!, free.fr, f2s.com, etc.), co departamento de xestión ou abusos do mesmo. Ten en conta que o phpBB Group non ten xurisdición ningunha e non pode ser responsabilizado de xeito ningún sobre como, onde ou por quen sexa utilizado este sistema. É inútil contactar co phpBB Group en relación con calquera asunto legal (cese ou suspensión, responsabilidade, comentarios difamatorios etc.) non directamente relacionado co sitio web phpBB.com ou co software concreto do phpBB. Se envías un correo ao phpBB Group sobre calquera uso por unha terceira parte deste software recibirás unha resposta concisa ou non recibirás ningunha resposta.
Arriba
Como podo contactar cun adminsitrador?
Se a opción está habilitada, todos os usuarios poden usar o formulario de “Contáctanos”.
Tamén se pode usar a ligazón “O Equipo”.
Arriba